Socios

Socios

O Grupo de innovación Biofore Plus “Optimización do aproveitamento da biomasa forestal residual e revalorización do material extraído do mesmo” integra diferentes actores da cadea de valor forestal-agrícola-gandeiro coa finalidade de xerar sinerxias entre os diferentes sectores. Todo elo integrando o coñecemento (derivado da participación de centros de investigación e universidades públicas), a empresa privada (que representa diferentes intereses do sector, incluíndo consultoría técnica, transformación de produtos forestais e traballadores forestais) e a parte social (a través de propietarios forestais que puxeron a disposición do proxecto os diferentes escenarios nos que se desenvolveu o mesmo). 

O proxecto aproveita o know-how dos diferentes actores para prantexar innovacións que permitan optimizar o aproveitamento da biomasa forestal e revalorizar o produto obtido en diferentes sectores. Deste xeito, o quipo multi-disciplinar que integra o grupo é o seguinte:

COORDINADOR

FORESIN é unha empresa de consultoría e enxeñería ambiental especializada no sector forestal galego e que busca xerar alternativas a xestión forestal tradicional. Como membro de coordinación do presente proxecto, a súa labor consistirá en dar apoio e facer seguimento en todas as fases de execución do mesmo.

SOCIOS

Fucovasa é unha entidade sen ánimo de lucro ligada á E.T.S.I. de Montes, Forestal e do Medio Natural (UPM) que desenvolve diferentes actividades dentro do ámbito da natureza. Dentro do proxecto BIOFORE PLUS levará a cabo a dirección dos estudos de produtividade do tándem tecnolóxico e a análise de custos do aproveitamento da biomasa.

Greenalia Biomass Supply é unha empresa que desenvolve o seu traballo no aproveitamento da biomasa forestal e como tal, a súa labor neste proxecto será a posta a punto do tándem tecnolóxico a avaliar e a realización dos ensaios de campo.

fmC forestal y medioambiental é unha empresa que presta servicios de consultoría en proxectos de enxeñería forestal. A súa labor no proxecto consistirá en dar apoio en todas as fases inherentes aos ensaios de campo.

A Escola de Enxeñería Forestal (EIF) da Universidade de Vigo (UVIGO), dentro das moitas actividades que desenvolve no eido da investigación, instalou unha planta piloto de biomasa enerxética, a través da cal, se realizarán os ensaios de valorización enerxética do presente proxecto.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo ten como obxectivo principal o desenvolvemento de investigación para o sector agrario galego e, en concreto, dentro da liña deste proxecto analizará a influencia do biochard para reducir as emisións contaminantes nas fosas de xurro e durante a aplicación do mesmo no campo.

COLABORADORES

A Fundación Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira é unha entidade privada sen ánimo de lucro que centra a súa investigación na cadea de valor monte-industria. No inherente a este proxecto e en colaboración coa UVIGO desenvolveu os traballos de elaboración de biochard a partir de biomasa forestal e as análises do mesmo.

A empresa explotacións forestais RAM puxo á disposición deste proxecto unha masa de piñeiro con escaso crecemento para levar a cabo os estudos de produtividade do tándem tecnolóxico.

O MVMC Berán puxo á disposición deste proxecto unha masa forestal de Pinus pinaster invadida por Acacia sp. para levar a cabo os estudos de produtividade do tándem tecnolóxico.

SEAGA é unha sociedade mercantil pública autonómica que puxo a disposición deste proxecto unha masa forestal de Eucalyptus globulus que foi arrasada por un incendio forestal para levar a cabo os estudos de produtividade do tándem tecnolóxico.