“Optimización do aproveitamento da biomasa forestal residual e revalorización do material extraído do mesmo”

“Optimización do aproveitamento da biomasa forestal residual e revalorización do material extraído do mesmo”

ANTECENDENTES

Dada a ampla vocación forestal de Galicia, actualmente o aproveitamento de biomasa forestal non madeireira como fonte de materia prima e enerxía, resulta unha alternativa de interese. De ser economicamente viable, esta práctica podería mellorar a rendibilidade da propiedade forestal, directamente xerando solucións á xestión de masas forestais sobre as que non se pode executar un aproveitamento madeireiro viable economicamente e, indirectamente reducindo escenarios proclives a que se desenvolvan pragas ou enfermidades e incendios forestais.

Neste contexto, o proxecto Biofore naceu no ano 2018 coa convicción de reducir os custos asociados á xestión da biomasa forestal coa posta en practica da unidade empacadora Fixteri  FX-15a e o cabezal talador acumulador Nisula 280E+ e revalorizar o produto obtido a través do seu emprego na elaboración de abonos, na valorización enerxética ou para camas de calidade para o gando.

Biofore, cofinanciado con fondos FEADER a través das axudas para o Apoio de Proxectos Piloto para o Desenvolvemento de novos productos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, xerou interesantes resultados que estableceron as bases da presente proposta, Biofore Plus.

O PROXECTO

Biofore Plus é un grupo de innovación que pretende probar a eficacia dun tándem tecnolóxico conformado polo cabezal talador acumulador NISULA 285 e+ montado sobre maquinaria que actualmente está a traballar en Galicia no aproveitamento da biomasa forestal e valorizar o produto obtido no sector enerxético e como medida para reducir as emisións contaminantes nas fosas de xurro.

As probas realizaranse tentando dar solución a tres escenarios reais que a día de hoxe existen nos nosos montes: masas forestais queimadas, masas con reducidos crecementos e a eliminación puntual de plantas invasoras. 

Este proxecto encádrase dentro das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, practicas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, co-financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O proxecto piloto “Optimización do aproveitamento da biomasa forestal residual e revalorización do material extraído do mesmo (Biofore Plus)” está financiado nun 80 % e foi dotado cunha cantidade de 150.000 € para executar durante as anualidades 2020 e 2021.

O NOSO GRUPO DE TRABALLO

O NOSO GRUPO DE TRABALLO