Os beneficios que se pretenden lograr coa execución do presente grupo de innovación englóbase en catro liñas estratéxicas:
Tecnolóxicos
Tecnoloxía limpa, que favorece unha xestión forestal sostible ao mesmo tempo que diminúe e reduce os incendios forestais, sen esquecer que, de forma específica, se promoven tecnoloxías limpas relacionadas co uso da terra, as políticas de xestión de residuos, a adecuada integración da agricultura e do gando, a integración respectuosa do turismo no medio ambiente e a mellora da calidade do medio rural.
Sociais
Xeración de emprego directo para aproveitamento da biomasa forestal, a revalorización da biomasa forestal resultante e transporte e loxística da mesma e indirecto: ao conseguir un monte desprovisto de sotobosque e en produción, fomentarase unha maior actividade asociada ao mesmo ao igual que se fomentarán mais actividades turísticas y de desfrute deste tipo de lugares.
Económicos
Aporte económico da biomasa revalorizada para a xeración de enerxía, fertilizantes e como medida para reducir as emisión de gases de efecto invernadoiro. Ao analizar diferentes alternativas como destino final da biomasa e con rendibilidades diferentes, permítenos deslocalizar os abastecementos, minimizando o impacto económico do transporte.

Ambientais
Unha xestión forestal axeitada contribúe decisivamente a deter o proceso de cambio de uso da terra, dispor de maior opcións ante as plantacións de monocultivos, na eliminación de plantas exóticas invasoras, na prevención e mellora da sanidade forestal e na prevención de incendios forestais.
Coa revalorización da biomasa para satisfacer as demandas de enerxía e doutros produtos básicos para a sociedade como fertilizantes a partir das cinzas ou da mestura de xurro e biochar, conséguese reducir as emisión de gases de efecto invernadoiro asociados ao proceso produtivo dos mesmos.