Resultados

Resultados

Unha vez executadas as tarefas contempladas no proxecto co fin de dar resposta aos seus obxectivos, obtivéronse os seguintes resultados:

A tecnoloxía ensaiada podería ser útil, especialmente en masas forestais pequenas, non comerciais e con árbores illadas de certo tamaño, se ben se requiriría un cabezal de maior capacidade

O maior rendemento da maquinaria ensaiada obtívose no piñeiral de Guitiriz (4 toneladas verdes/hora produtiva) e o menor, na parcela de acacia de Leiro (1 tonelada verde/hora produtiva).

Os principais puntos de mellora detectados para a mellora dos rendementos e dos custes de produción foron: a adquisición de máis experiencia no manexo do cabezal por parte da persoa maquinista e a mellora do acople do cabezal ensaiado

A tecnoloxía ensaiada non resultou ser axeitada para a corta de masas densas de acacia.

O rendemento da tecnoloxía ensaiada relacionouse positivamente co tamaño das árbores, aumentando o rendemento a medida que tamén aumenta o tamaño, ata un certo punto.

A biomasa de acacia demostrou mellores aptitudes para o aproveitamento enerxético cá de piñeiro ou eucalipto.

Preparación de diferentes substratos e granulometrías para aplicar nas balsas de xurro e minimizar as emisións de gases de efecto invernadoiro.

As cinzas resultantes da combustión da biomasa presentaron un elevado valor agronómico, con concentracións de metais pesados non limitantes para o seu emprego como fertilizante.

O biochar obtido por pirólise de madeira de piñeiro presentou un elevado poder de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, reducindo as emisións de amoníaco nun 70,8% e as de metano nun 16,1% en comparación co xurro sen biochar.

A elevada capacidade de adsorción de amoníaco do biochar pon de manifesto a necesidade de seguir desenvolvendo ensaios que permitan avaliar o seu potencial uso como fertilizante nitroxenado de liberación lenta.

O abonado dunha pradaría de raigrás inglés e híbrido con xurro con biochar de madeira de piñeiro resultou nunha lixeira mellora na calidade proteica da forraxe en comparación coa aplicación de xurro sen biochar.