Diagnose

Diagnose

O aproveitamento da biomasa forestal como fonte de materia prima semella unha alternativa de interese no mercado forestal español, de feito, na última década produciuse un incremento da súa demanda e consecuentemente do prezo deste material. Sen embargo, os métodos convencionais empregados actualmente para este fin, fan que non sexa rendible economicamente esta tipoloxía de aproveitamentos e, polo tanto, existe unha gran necesidade de desenvolver novas tecnoloxías que permitan optimizar estes traballos.

 Neste eido, cabe destacar os cabezais de apeo con capacidade acumuladora, como o desenvolvido por NISULA OY, que xa foi testado no proxecto piloto Biofore e do cal se sacaron conclusións de gran aplicación que serán obxecto de análise deste proxecto.

Por outra banda, o incremento do valor engadido da biomasa forestal a través da súa revalorización noutros mercados axudaría a lograr a rendibilidade destas operacións tan necesarias para unha correcta xestión dos nosos montes.

A combustión de biomasa forestal como fonte de enerxía é un tipo de aproveitamento que suscita un gran interese, entre outras razóns, pola problemática do cambio climático global. Sen embargo, un dos principais problemas asociadas a valorización enerxética da biomasa forestal é o mantemento de caldeiras e estufas empregadas para este fin, o cal, será un dos obxectivos a lograr con este proxecto.

Outra alternativa tendo en conta a valorización enerxética, son as cinzas xeradas na combustión, que xa se están a xestionar en outros países da Unión Europea como subprodutos para a elaboración de abonos. Polo que, analizar o poder fertilizante deste produto que actualmente se está a xestionar en Galicia como un residuo, resulta obxecto de actuación do presente proxecto.

Xa para finalizar, cabe abordar a temática das emisións contaminantes a atmosfera por parte do sector gandeiro e agrícola e a importancia do aporte materia orgánica ao chan.

España é o país de Europa que mais lonxe está de lograr os obxectivos de redución de emisións de amoníaco, das cales, o 96 % teñen como orixe a agricultura, maioritariamente na fase de almacenamento do purín na fosa ou durante a aplicación do mesmo ao chan. 

Neste eido, unha das medidas mais fáciles de implementar polo gandeiro é a formación da costra na fosa, ben de xeito natural ou mediante o aporte de materiais.

Dende este punto de vista, o biochard ten unha gran capacidade de absorción de gases, o que axudaría a reducir as emisións na fosa e por outra banda, podería servir tamén para reducir as emisións no momento en que se aplique o purín ao chan.

Ademais, o biochard enriquecido co amoníaco absorbido durante o tempo de almacenamento do purín na fosa, podería ter un efecto fertilizante de liberación lenta a parte de mellorar a retención de nutrientes no chan. Polo que, analizar o efecto do biochard e da madeira queimada para este fin serán obxecto de actuación nesta parte do proxecto.