Metodoloxía

Metodoloxía

Para levar a cabo todos os obxectivos do proxecto, vaise a seguir a seguinte metodoloxía de traballo

Fase 1: Localización da zona de traballo.

Busca e localización dos escenarios obxecto de actuación, é dicir, masas afectadas por incendios forestais, masas ocupadas por plantas invasoras e masas con reducido crecemento.

Finalmente as localizacións propostas para as parcelas de experimentación son:

Masa de Pinus pinaster cun crecemento moi reducido, con diámetros inferiores a 15 cm e unha pendente que non supera o 15%.

Masa de Eucalyptus globulus afectada por un incendio forestal, con un diámetro medio inferior a 25 cm y cunha pendente moi variable que supera puntualmente o 50%.

Masa ocupada por plantas invasoras do xénero Acacia, con diámetros que non superan os 15 cm e unha pendente que ronda o 20%.

Fase 2: Adaptación da maquinaria para os traballos de campo.

Farase unha análise das características técnicas da maquinaria para a integración do cabezal acumulador de biomasa NISULA 285e+ sobre as máquinas base que se están utilizando habitualmente en Galicia, postas a disposición do proxecto por GREENALIA, trátase dun autocargador KOMATSU 855 ou LOGSET 6FGT sobre unha empacadora ENFO-2000 e seguidamente, farase a integración en taller da unidade de corta e elementos auxiliares.

Fase 3: Realización de ensaios de campo. 

Asignaranse parcelas de estudo aleatoriamente que servirán como réplicas para as análises de rendementos do cabezal. Previo a entrada da unidade empacadora realizaranse inventarios forestais para caracterizar as zonas de traballo. Durante a execución dos ensaios de campo faranse simultaneamente estudos de tempos e produtividade para elaborar os modelos de produtividade. 

Unha vez finalizados os ensaios, faranse inventarios complementarios de dano ao chan e, no seu caso, a pes remanentes. Farase unha análise de consumo de combustible e aceites para coñecer o impacto ambiental e a eficiencia enerxética da nova tecnoloxía. Finalmente, farase unha avaliación da calidade de execución dos traballos realizados no que atinxe a prevención de incendios ou restauración de montes queimados.

Fase 4: Estudo da biomasa forestal para valorización enerxética.

Nesta fase prepararanse os diferentes substratos e granulometrías para por un lado, aplicar nas fosas de xurro e por outro, iniciar os ensaios de valorización enerxética.

No que atinxe a valorización enerxética, as mostras serán identificadas e trituradas e logo realizarase a fase analítica de laboratorio para analizar entre outras cousas as características físicas, químicas e enerxéticas e avaliar o potencial fertilizante das cinzas.

Fase 5: Estudo da biomasa forestal e biochar para reducir gases contaminantes na xestión do xurro.

Unha vez preparadas as mostras de madeira combustionada e de biochar, procederase a realizar os estudos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, mediante a aplicación das dúas mostras nas fosas de xurro. Posteriormente para estudar a redución das emisións na aplicación do xurro ao chan, as dúas mostras serán esparcidas como abono no prado. Finalmente, estudarase o valor fertilizante do xurro con biochar e madeira combustionada, na materia seca do prado que foi fertilizado.